Hora Galega (v. beta)

Campaña de desobediencia civil

Na Galiza son agora as: 08:51 horas (HG)

Presentación

Despois de varios anos pensando na necesidades dunha campaña que xuntase forzas a prol dunha hora racional para o noso país, o domingo de Pascua de 2016, un pequeno grupo de persoas decidiuse a non agardar un ano máis, e mesmo sen telo organizado previamente, decidiron dar o primeiro paso para unha campaña permanente de desobediencia civil con intención de converter en realidade de facto a Hora Galega.

A campaña basicamente consiste en negarnos a usar a Hora Peninsular Española (GMT+1, irracional mesmo para o resto da Península) e usar a que nos corresponde, é dicir, a hora correspondente ao meridiano de Greenwich, propia da parte máis occidental de Europa (Portugal, Reino Unido, Irlanda…).

Isto implica, na práctica, mudarmos a hora dos nosos computadores, reloxos, etc. para poñer a correspondente á hora GTM (se temos que especificar xeograficamente podemos pór Hora de Lisboa, ou de Canarias). Advertiremos a cada persoa coa que combinemos a unha hora concreta, que nos referimos á Hora Galega, e para evitar dúbidas, indicar a qué Hora Peninsular Española correspondente). Así, este wiki deuse a coñecer ao público ás 12:00 horas HG (Hora Galega), correspondentes á 13:00 horas HPE (Hora Peninsular Española).

Por que aproveitamos para facelo o Domingo de Pascua de 2016? Porque ese día o troco horario de verán indicaba que compría pasar unha hora para diante os reloxos: esa é a mellor oportunidade no ano para comezar este acto de desobediencia horaria, pois abonda con negarnos a pasar os reloxos para diante. ¡Únete á disidencia horaria!

Contidos

Ofrecido co apoio de

Asociación Touda (achega o hosting, rexistro do dominio e labores técnicos

Ti tamén queres achegar a túa axuda? Únete a nós escribíndonos a greenwich ARROBA horagalega PUNTINHO info

Podes axudar con material gráfico para a campaña, enviando fotos, ideas, ligazóns relacionadas, traducindo as páxinas deste wiki a outros idiomas, etc.

Nas redes sociais

Ligazóns acerca da Hora Galega en Debulla.info

Apoia a campaña deixando unha mensaxe