Dificultades, trucos, etc.
- Para lembrar sempre que ollares para un reloxo que está posto coa hora galega, podes poñerlle unha etiqueta ou autocolante coas siglas “HG” nalgunha parte ben visible.
- Podes deixar algún reloxo da casa coa Hora Peninsular Española, para ter o recurso, ante a dúbida, de poder mirar en calquera momento cál é a hora no resto do Estado (agás Canarias, como xa sabemos).
- Cando fagas referencia en calquera lugar (un documento, un cartaz, un email, etc.) a unha hora concreta, fai indicación de que é en Hora Galega coas siglas HG ou co texto completo HG (Hora Galega), até popularizarmos esas siglas.
Envíanos o teu consello, atrancos que atopaches para o uso da HG, e calquera comentario ou suxestión a greenwich ARROBA horagalega PUNTINHO info
.